top of page

 

As prisións enfróntanse cada día a numerosos conflitos interrelacionais, os cales se desenvolven polo simple feito

da convivencia ordinaria. Moitos destes, conclúen con medidas restritivas por parte das institucións, pero moitos

outros quedan sen resolver. Isto provoca que en moitas ocasións sexan as propias internas as que os xestionen

dunha forma inadecuada. A mediadora ofrecerá, mediante o proceso de mediación, a posibilidade de resolver

o conflito de maneira dialogada, a través do respecto, escóitaa do outro e a responsabilidade pola propia

implicación.  A figura que acompaña o proceso é a mediadora, a cal é a guía que lles axudará.

 

Co proxecto Repect-ándonos, cofinanciado pola Deputación Provincial de Ourense, pretendemos mellorar

a convivencia a través de fortalecer as capacidades cooperativas dos homes presos do Centro penitenciario

de Pereiro para xestionar, pola vía do diálogoe de forma non violenta, os conflitos e os retos do dinamismo social

e da diversidade.

Desde un segundo plano, a persoa mediadora emprega os seus recursos para axudar ás partes para lograr os seus obxectivos, reducindo a tensión, facilitando a comunicación entre estas, axudando na formulación de propostas positivas e acordos, promovendo a reflexión das partes sometidas a tensións e conflitos e xerando confianza nas propias solucións das partes implicadas.

As mediacións serán solicitadas por algunha das partes implicadas ou por ambas, neste servizo abordaranse conflitos entre as propias internas, entre estas e as persoas funcionarias e entre as persoas internas e as súas familiares. O servizo de mediación ás presas cos seus familiares, pretende que as persoas encarceradas e as súas persoas familiares teñan a oportunidade de seguir gozando dunha organización familiar parecida á anterior existente á entrada en prisión ou a posibilidade de que a presa colabore na nova estrutura familiar e na pauta de comportamento das persoas que as integran.

Pretendemos conseguir a mínima deterioración posible de os lazos afectivos existentes entre o preso e os seus familiares e posibilitar á interna a intervención na reestruturación da contorna familiar (por exemplo no caso do coidado de menores).

 

Obradoiros de habilidades de xestión emocional

Ademais de que as persoas presas experimenten en primeira persoa como resolver os seus problemas a través da mediación, é necesaria unha intervención desde un modelo integrador, por iso vemos fundamental formar ás persoas internas en habilidades para a resolución de conflitos. Nas sesións traballaranse as seguintes cuestións:

·       Autoestima e autocoñecemento.

·       As emocións: como dectectalas e xestionalas

·       Comunicación, habilidades e ferramentas.

·       O Conflito, visión positiva e xestión.

 

Para estes obradoiros utilizamos o seguinte manual de mediación:

Estes obradoiros tiveron unha duración total de 33 horas, cunha sesión semanal de 90 minutos. Participaron 10 internos no obradoiro.

 

OBRADOIRO DE TEATRO TERAPÉUTICO

O Taller de Teatro Terapéutico pretendeu mellorar o benestar psicolóxico. Mediante a dramatización mellóranse as habilidades socioemocionais, o que implica unha mellora na capacidade para recoñecer, xestionar e expresar as emocións e mellorar as habilidades interpersoais. As persoas participantes adquiriron no transcurso das sesións ferramentas emocionais a través dos roles e o desenrolo da espontaneidade a través dos xogos creativos. O xogo foi a ferramenta para traballar ritmos, psicomotricidade, coordinación, disposición do ánimo... Unido á compoñente lúdica usamos a música como elemento dinamizador. A través das dinámicas representativas adestrouse a capacidade de confrontación de conflitos internos e externos, xerando unha maior sensación de seguridade. Cada sesión tivo a seguinte estrutura:

1. Quecemento Actividades de movemento corporal e activación, para preparar os corpos e os sentidos para o traballo da sesión.

2. Dinámicas teatrais Traballo con xogos, role playing e dinámicas teatrais de diferentes contidos emocionais e aprendizaxe de ferramentas que poderán ser levadas a vida cotiá: consciencia corporal, os sentidos, a relación co espazo e cas outras, movemento, acción e personaxes.

3. Improvisación ou dramatización Por a proba o exercitado nunha improvisación acompañada pola facilitadora ou expoñer un texto previamente memorizado.

4. Relaxación Actividades de relaxación conscientes, a través da respiración e imaxinación guiada.

 

Estes obradoiros tiveron unha duración total de 33 horas, cunha sesión semanal de 90 minutos. Participaron 10 internos no obradoiro.

 

 

 

RESPECT.jpg
  • Facebook Clean
  • LinkedIn Clean

© 2023 por Pisos Perfectos. Creado con Wix.com

bottom of page