O programa Erixindo igualdade, Desterrando a violencia machista, levouse a cabo na cidade de Ourense, coa financiación da Secretaria de Igualdade da Xunta de Galicia entre abril e novembro do 2019.
As beneficiarias das actuación de intervención psicolóxica e social, foron todas aquelas mulleres vítimas de violencia machista da provincia de Ourense.
As persoas beneficiarias da actuación de sensibilización e obradoiros “Construíndo a Igualdade” foron crianzas de entre 5 e 17 anos do Concello de Ourense.
Procurouse evitar a intervención paternalista, que implica unha sobreprotección e non respecta a autonomía das mulleres usuarias dos servizo de atención. Entendemos a prestación destes servizos como un dereito propio da cidadanía e non como unha acción graciable, e como tal a muller debe participar no seu proceso de forma activa e respectando as súas decisións.
Traballamos con medidas de acción positiva para á igualdade e a promoción da autonomía persoal e a integración social, buscando o desenrolo das súas capacidades. A nosa actuación estivo dirixida cara a consecución dunha forma de vivir a cidadanía que incorpore a perspectiva de xénero na súa totalidade. Así nas áreas de comunicación, sensibilización e información do proxecto introducimos sempre a perspectiva de xénero.
A metodoloxía utilizada nas accións formativas e de sensibilización foi a activa-participativa e conversacional, dende o modelo aprender facendo, e que na exercitación da técnica de mediación tradúcese na aplicación dos contidos a situacións reais e vivenciadas. O principio de motivación tamén se inclúe. Supoñemos que esta é materia do seu interese, ademais incluíronse actividades de activación de ideas para favorecer a implicación das persoas asistentes.

ACTUACIÓNS
1. Acompañamento e asesoramento persoal e social.
Todos os venres de 10 a 14:00 dende o 19 de abril ata o 29 de novembro de 2019 a traballadora social atendeu ás mulleres participantes no programa, desenvolvendo un itinerario personalizado de atención. Deseñouse con cada unha delas un proxecto con obxectivos secuenciados e organizados en prioridade e as accións a levar a cabo para conseguilos.
Establecéronse as seguintes fases para o deseño do proxecto individualizado e a intervención:
-
Fase de acollida: Que ten como finalidades fundamentais animar á participación, realizar o diagnóstico da situación social e finalmente configurar o inicio do itinerario, onde se concreta un acordo coa persoa participante.
-
Fase de Desenrolo: Comprenden un conxunto de entrevistas que teñen como finalidade, acompañar e apoiar o proceso que a persoa está levando a cabo, avaliar o impacto da intervención que se realiza coa persoa, co fin de valorar a mellora da súa situación inicial, así como de apoio directo nas relacións con outras entidades, organismos e servizos. Estas entrevistas recollen tamén actividades de información e orientación nas seguintes áreas:
-
Recursos sociais: Apoio e orientaciónna solicitude e tramitación de prestacións e recursos da carteira de servizos sociais.
-
Estranxeiría: Asesoría en materia de tramites de extranxeiría (permisos de residencia, arraigo social, reagrupación familiar, retorno voluntario, nacionalidade...)
-
Laboral: Información sobre os distintos recursos formativos e de búsqueda de emprego e acompañamento no itinerario de inserción.
-
-
Fase de peche: Espazo de despedida e de finalización do proceso emprendido. Onde se desenrola a proposta que facemos de finalizar o proceso, independentemente da circunstancia póla que se termina. É unha valoración e devolución de cal foi o grao de implicación e desenrolo da persoa.
Atendéronse neste servizo a 12 mulleres.
2. Atención, apoio e orientación psicolóxica
Unha psicóloga de contratación externa ofertou 4 horas de atención e apoio psicolóxico semanal dende o 25 de abril ata o 29 de novembro de 2019.
A finalidade deste servizo foi fomentar o benestar e o crecemento persoal nas diversas etapas vitais, a través do acompañamento e o apoio psicolóxico e o análise da situación persoal, dos recursos que posúe e que ten ó seu alcance, dos intereses, motivacións e emocións, para acadar outras actuacións que conduzan a resolución do problema mediante a aprendizaxe e a mellora das capacidades, co obxecto de:
-
Promover xunto a muller o cambio necesario no pensamento, sentimentos e comportamento para resolver a perda da autoestima, sentimentos de desamparo, desesperanza e incompetencia.
-
Diminuír e controlar ese malestar que pode derivar en ansiedade, depresión, conflitos relacionais, dificultades de comunicación, illamento, impulsividade, ira e violencia, soidade, condutas destrutivas.
-
Desenvolver as habilidades necesarias para favorecer o cambio que permitise o logro de obxectivos persoais e afrontar dunha forma máis eficiente futuras situacións de dificultade.
Atendéronse a 8 mulleres neste servizo.
3. Programación de accións formativas e de sensibilización
Realizáronse dúas edicións de 3 obradoiros (en total 6 obradoiros) para crianzas e adolescentes adaptando os contidos por tres grupos de idade:
Obradoiros “Construíndo a Igualdade”
Estes obradoiros foron destinados as crianzas de entre 5 e 8 anos do Concello de Ourense. Realizáronse o 11 de xullo de 2019 no Paseo fluvial do Tinteiro e o 23 de xullo de 2019 na Praza 200 da cidade.
Traballáronse coas nenas e nenos máis cativos as desigualdades de xénero a través de dúas dinámicas:
- Rachando brechas, creando Igualdade: A brecha salarial e o teito de cristal son realidades difíciles de abordar. É importante que se traballe dende a perspectiva das crianzas que teñen en principio moi interiorizado o concepto de xustiza, e así observar as súas conductas, respostas e actitudes ante un feito obxectivamente inxusto. Así que neste obradoiro, plantexamos a actividade como un xogo para o cal se pediron catro persoas voluntarias (dous nenos e dúas nenas). Unha vez seleccionadas, pedíuselles que clasificasen pelotas de distintas cores nas caixas correspondentes, as cales estarán tamén pintadas. Mentres, o resto das participantes observaban o que acontecía. Xa realizada a tarefa, reforzouse positivamente o esforzo das persoas participantes e entregouselles unha bolsa de gominolas a cada unha. Neste momento observamos a reacción tanto dos nenos como das nenas que realizaron a tarefa, así como das persoas que participaron como espectadoras, e aprobeitamos eses sentima¡entos de enfado, frustración, incredulidade, para introducir a reflexión e o debate, dando lugar a unha breve explicación sobre a situación actual da desigual remuneración entre homes e mulleres analizando este fenómeno da brecha salarial máis polo miúdo incluíndo outros como o teito de cristal, a feminización da pobreza, etc.
- “Como unha nena”: Neste obradoiro levouse a cabo unha dinámica onde tratamos de analizar prexuízos, estereotipos, roles de xénero que nos limitan no desenvolvemento. Iniciamos a actividade colocando ás participantes en forma de círculo e pedimos persoas voluntarias para saír ao centro. A continuación, as persoas elixidas pedíuselles que realizaran unha serie de accións relacionadas con roles de xénero, desempeñando primeiro as accións dun modo masculino e logo feminino (corre coma un/ha neno/a, ri coma un/ha neno/a, chora coma un/ha neno/a, pelexa coma un/ha neno/a, xoga coma un/ha neno/a...) Unha vez rematada a tarefa, analizamos e reflexionamos sobre estes patróns estereotipados de xénero utilizamos como apoio á parte reflexiva da actividade fotografías de mulleres e homes realizando as accións anteriores libres de prexuízos existentes.
Participaron 10 crianzas no primeiro obradoiro e 13 no segundo.
Obradoiros “Emocións e conflito”
Neste obradoiro, abordamos tres bloques temáticos diferenciados, pero que están permanentemente interrelacionados para poder abordar a xestión de conflitos dun xeito eficaz:


-
Emocións: Neste primeiro bloque falouse das distintas emocións e cal é a súa función, reflexionando sobre o noso xeito de identificalas e xestionalas. Analizaremos tamén certos conceptos chave como é o da responsabilidade emocional.
-
Comunicación: Neste segundo bloque do obradoiro, nos centramos no proceso de comunicación, os seus elementos, reflexionando sobre como nos comunicamos no día a día e ante as diferentes situacións. Analizamos os distintos modelos de comunicación e as súas características. Tratamos de facilitar ferramentas para que nos poidamos comunicar de xeito eficaz.
-
Conflito: No derradeiro bloque, poremos en común o que entendemos por conflito, tratando de reverter o concepto negativo do mesmo e centrándonos nunha perspectiva do conflito como algo positivo, unha oportunidade de cambio e de transformación. E para finalizar fixemos un achegamento a métodos alternativas de xestión de conflitos como a mediación.
Participaron 10 crianzas no primeiro obradoiro e 12 no segundo.
Obradoiros “Desmontando Mitos”
Realizáronse dous destes obradoiros no local da Agrupación Miño, destinados a persoas de entre 8 e 12 anos o sábado 9 de novemrbo e o 16 de novembro para mozos e mozas de entre 13 e 17 anos do Concello de Ourense.
Pensamos que é fundamental ofrecer á mocidade esas outras formas de relacionarse libres de opresión, de posesión, de control, de roles de submisión, así unha parte fundamental será analizar eses modelos de relacións para ter claro cales resultarían tóxicas para o noso desenvolvemento integral.
Nos obradoiros traballouse como identificar o problema da violencia de xénero. Dividiuse ás participantes en 4 grupos e deuselles possit con pinturas de cores para que identificaran distintas situacións machistas que presenciaran algunha vez e unha vez posto en comun o contido dos possits, reflexionouse sobre os factores de risco que levan a unha relación de malos tratos e desmitificáronse as falsas crenzas cos que se asocia ao maltratador e á muller vítima.
Reflexionouse co alumnado para poder facer unha atribución adecuada, concienciar sobre os indicadores de risco nas relacións de parella e dotarlles de habilidades para evitalos. O obxectivo principal foi motivar ao cambio de actitudes para promover relacións igualitarias.
Participaron 8 crianzas no primeiro obradoiro e 16 no segundo.
