top of page

O proxecto Abrindo cancelas con flores nace en maio de 2019 para desenvolverse no centro Penitenciario de Pereiro de Aguiar co fin de mellorar a convivencia a través de fortalecer as capacidades cooperativas do tecido social dentro da prisión para xestionar, pola vía do diálogo e de forma non violenta, os conflitos e os retos do dinamismo social e da diversidade. Actualmente o proxecto conta co apoio da Secretaría Xeral de Igualdade e a Diputación Provincial de Ourense.

Nos tempos que corren, onde o fin último individual radica na consecución dos intereses propios, deixáronse á marxe unha infinidade de calidades que nos incumben a todas as persoas. As présas, a tensión e o noso propio eu, abócannos, en moitos casos, a non pararnos e escoitar, a non empatizar e no peor dos casos para pasarlle por enriba con tal de conseguir os nosos obxectivos. O noso propio egocentrismo fainos recorrer a descalificacións sen ningunha base, sen pensar sequera en consecuencias e sobre todo a perder as formas.

Isto ocorre dunha maneira máis acentuada nun espazo no cal a falta de liberdade para moverse e elixir onde se quere estar vese cercada, como ocorre no caso dos centros penais. A falta de espazo propio para a intimidade, a tensión propia de estar recluída, a perda de liberdade e de decisión sobre a súa propia vida, provoca altos niveis de tensión, que en moitas ocasións moven a resolver os conflitos de forma pouco axeitada co único obxectivo de impoñerse e gañar, e demasiadas veces empregando a forza. O problema xorde cando a mala xestión dos conflitos desemboca en asuntos de maior perigo e transcendencia, como ocorre en moitas ocasións dentro de prisión.

CANCELAS 23.24 (1).jpg

 

En base a todo isto, a mediación ofrece unha forma alternativa de resolver todos estes conflitos dentro do ámbito penal, apoiándose no xiro que deu o sistema penal español nos últimos anos cara á xustiza restaurativa e primando a finalidade da reinserción social.

A convivencia nun medio tan impermeable como prisión non resulta fácil. En calquera organización, o conflito é algo normal. Pero no cárcere, calquera situación banal pode xerar un altercado. O conflito xorde na relación interpersoal no contexto das relacións sociais. É dicir, orixínase ante a existencia de diferentes formas de comprender unha situación, de interpretar unha realidade ou de atribución individual de intereses sobre un feito. O ingreso en prisión para calquera persoa xera unha gran tensión e frustración, pola falta de contacto co mundo exterior (familia, amizades, mundo laboral...), pola perda da vida cotiá previa ao ingreso en prisión (traballo, actividades, lecer,...), pola exclusión tan drástica e absoluta que supón a privación de liberdade e por un longo etcétera de perdas.

As partes enfrontadas permanecerán convivindo, en xeral, no mesmo espazo. Na maioría dos casos, a administración penal é vista con desconfianza. E isto provoca que cando as persoas presas teñen un conflito non demandan a actuación administrativa para resolvelos. Nalgunhas ocasións xera consecuencias negativas, como a imposición dunha sanción e demais consecuencias colaterais: perda de permisos, regresión de grao, traslados, inicio dun procedemento xudicial, enfrontamento coa outra persoa, posible imposición dunha nova pena... Ademais non debemos esquecer que no cárcere, entre as actitudes máis repudiadas atópase delatar a outro preso/a.

 

O Programa comprende varias liñas de actuación:

1.     Servicio de Mediación no módulo de Mulleres

As prisións enfróntanse cada día a numerosos conflitos interrelacionais, os cales se desenvolven polo simple feito da convivencia ordinaria. Moitos destes, conclúen con medidas restritivas por parte das institucións, pero moitos outros quedan sen resolver. Isto provoca que en moitas ocasións sexan as propias internas as que os xestionen dunha forma inadecuada. Un equipo de mediadoras ofrecerá, mediante o proceso de mediación, a posibilidade de resolver o conflito de maneira dialogada, a través do respecto, escóitaa do outro e a responsabilidade pola propia implicación.  A figura que acompaña o proceso é a mediadora, a cal é a guía que lles axudará.

Desde un segundo plano, a persoa mediadora empregou os seus recursos para axudar ás partes para lograr os seus obxectivos, reducindo a tensión, facilitando a comunicación entre estas, axudando na formulación de propostas positivas e acordos, promovendo a reflexión das partes sometidas a tensións e conflitos e xerando confianza nas propias solucións das partes implicadas.

 

2.      Obradoiros de habilidades para a xestión de conflitos en prisión. Trabállanse os seguintes contidos:

·       Xestión emocional autoestima e autocoñecemento.

·       Comunicación, habilidades e ferramentas.

·       O Conflito, visión positiva e xestión.

3.      Grupo de Axuda Mutua

Esta técnica  grupal centrouse en colocar ás

mulleres nunha dobre posición: recibindo e dando,

condición que facilita o  empoderamento e a 

desvitimización. Tendo como premisa que todas

son capaces de axudar a outras. O grupo facilitou

a identificación, o que xera confianza, empatía,

solidariedade e apoio mutuo, condicións básicas

para a contención  grupal. Para fortalecelo son

importantes os espazos distendidos onde poder

partillar e desfrutar, actividades grupais como

a realización dun maio ou de batukes fomentan a

cohesión.

O grupo permite a procura das saídas individuais e colectivas, visualizar recursos propios e  grupais desde a experiencia propia e das outras.

Este grupo reunese semanalmente nunha sesión de dúas horas. 

 

4.     Acompañamento e Atención Individualizada

A pesar de que o traballo  grupal  trae consigo moitos beneficios nas participantes, non todas presentan o perfil necesario para integrarse nel. Así, pode darse o caso de mulleres que non poden ou non queren participar nos grupos de axuda mutua ou dos obradoiros: mulleres que non senten cómodas de falar os seus problemas en grupo,  que recentemente logran entender e expresar a súa situación necesitando unha maior contención emocional e traballo individual, mulleres que non respecten o encadre do grupo, con  psicopatoloxías severas, etc.

Por outra parte, existiron tamén casos nos que paralelamente ou con independencia  do grupo de axuda mutua e a súa participación nos obradoiros e do servizo de mediación, as mulleres poden  optar por un seguimento individualizado dependendo do caso e as accións que tomen no seu proceso. Contemplamos o seguimento e apoio das mulleres que saian de prisión. Poderán continuar coa atención no local social da asociación Participacción.

facebook_1620213557547_67956682052774355
FB_IMG_1620213746769.jpg
Captura de pantalla 2024-08-08 175711.png
IMG_20240808_174008.jpg

Maio 2021

  • Facebook Clean
  • LinkedIn Clean

© 2023 por Pisos Perfectos. Creado con Wix.com

bottom of page